Para esta avaliación de deseño tiñamos que facer un proxecto relacionado con calquer tipo de deseño, sexa deseño de moda, editorial, publicitario, de espacio, etc.
Idea:
Tras mirar de que trataba cada un dos tipo de deseño decanteime polo deseño editorial, xa que me parece unha zona na que non son moi boa e así poder ter a oportunidade de mellorar en canto a forma de expresión e de aprender como se logra facer un libro.
Despois de darlle unhas cantas voltas, decidin facer un mini conto infantil posto que me parecía algo divertido e entretenido para redactar.
Documentación:
Para obter novas ideas decidin ler algúns libros que tiña na casa de cando era pequena. Unha parte pequena dos que lein estaban en dúas linguas. Isto doume a idea de facer o meu conto en castelán e en galego, e así fundamentar a lectura en galego ás novas xeracións posto que non só hai libros en castelán.
A parte disto, tamén busquei páxinas por internet que me axudaran a saber que é en realidade un mini conto e que me indicaran como facer un libro, os pasos que pouco a pouco hai que facer para conseguilo.
Páxinas:
http://www.galeon.com/galef/ruta.htm
http://es.wikihow.com/escribir-un-cuento-corto
http://www.literautas.com/es/blog/post-3910/como-escribir-un-cuento-corto/
Planificación e temporalización:
O plan era facer primeiro a historia e logo as ilustración do conto,
Contaba con que a historia me levaría desenrolala en 2-3 semanas pero alargouseme o tempo por falta de organización.
Tempo máis tarde empecei cas ilustracións (facelas en 5-6 semanas), das cales non teño bocetos posto que sempre que fago bocetos acaban estando mellor que o producto final,
Finalmente, quixen que a portada e a contraportada fosen uns soportes mais resistentes que as follas do interior. Para conseguir iso utilicei cartón e cartulina.
Proxecto final: